Autor: Ledicia Costas
Páginas: 340
Tapa: Blanda
Editor: Xerais
"Calquera pode convivir en Galicia cun mundo que flúe, que vibra e se move silandeiro coma un gato, sen caer na conta de nada. Cruzarse cos sinais, por moi evidentes que sexan, e nin sequera decatarse".
Nunha época remota, nunha pequena aldea galega chamada Merlo, unha noite calquera nunha casa moi pobre unha pequena luz ilumina unha das estancias. No seu interior, Mariña loita con todas as súas forzas para dar a luz á súa filla no medio de terribles dores. A matrona, ao ver que o parto se complica e que existe risco de que a nai e a criatura morran decide chamar ao barbeiro que é tamén o sangrador do pobo.
A matrona non ten máis remedio que buscar a este home, xa que ninguén no pobo desexa axudar á moza, por que é a filla dunha bruxa que está encerrada nos calabozos da Santa Inquisición. O barbeiro acode sen dubidalo e debe tomar unha difícil decisión, e é así, como no medio da dor, Catarina chega ao mundo.
Dous anos despois, Elvira, a avoa da cria, é liberada da prisión na que a tiña o Santo Oficio e regresa a Merlo para facerse cargo da súa neta e retomar o seu antigo oficio. Ela é a bruxa do pobo e seguirao sendo, continuará sandando xente e sendo temida e repudiada á vez, pero tamén ocuparase de criar a Catarina e transmitirlle os seus coñecementos. Avoa e neta pertencen a unha dinastía de bruxas cun destino escrito como ben descubrirá a rapaza.
Centos de anos despois, no século XXI, na cidade de Vigo, Lola, unha muller que atravesa unha terrible crise persoal debe enfrontarse aos seus medos e inseguridades e volver lembrar feitos do pasado. No medio desta transición, Vitoria, unha bruxa co don de ver aos mortos, será crucial para ensinarlle a crer que existen cousas máis aló do visible e o tanxible.
Pel de Cordeiro é o máis recente libro de Ledicia Costas e a terceira obra que leo desta autora, e do mesmo xeito que cos outros dous quedei engaiolada coa pluma desta viguesa. O libro está estruturado en duas partes, na primeira é un narrador omnisciente o que nos relata a historia de Catarina e na segunda, é Lola quen conta a súa historia en primeira persoa.
Sorprendeume descubrir que Ledicia ambienta a historia de Catarina en Merlo, o pobo onde transcorren os acontecementos da súa novela Infamia. De feito, ao ler Pel de Cordeiro descubriremos algúns aspectos deste enigmático pobo que a autora habianos descrito anteriormente, como a maneira na que a néboa chegou á localidade para converterse nunha constante, coma un máis dos seus habitantes.
Nesta novela Ledicia entréganos un universo creado con tinguiduras góticas e matices oníricos, envolvido nas sombras e a escuridade, mesma na que os seus protagonistas habitan. Coa lectura penetrarémonos nunha atmosfera envolvente e abraiante na que o sobrenatural está presente en todo momento. Un universo no que o fino veo que separa o mundo dos vivos do dos mortos desdebuxase e onde atopamos almas que quedan estancadas no plano terreal, algunhas delas iluminan coma candeas e outras están na procura de atormentar aos vivos.
Falar de Pel de Cordeiro é falar dunha historia que por momentos fainos estarrecer, pero ao mesmo tempo mantennos engaiolados, enfeitizados ante o poder e a beleza das sombras. Unha historia que non deixa a ninguén indiferente e que nos convida a mergullarnos nos abismos da escuridade e da alma humana e lévanos nunha trepidante montaña rusa de emocións que nos incomodan, pero ao mesmo tempo conmóvennos.
É unha historia que explora o tema da bruxería nos tempos da Inquisición e na época moderna e que nos convida a reflexionar acerca de moitas cuestións. Entre as súas páxinas veremos que a autora aborda temas como as diferenzas entre clases sociais, o odio, a maldade, os prexuízos e o receo que as persoas manifestan con quen é diferente, o espertar da sexualidade, a maternidade xunto á violencia obstétrica e as neglixencias que en ocasións acompáñana.
A lectura de Pel de Cordeiro non só convídanos a reflexionar acerca destes temas, senón que fainos un chamado cara ao auto coñecemento e a aceptación de nós mesmos. Móstranos como pesa a soidade aunque estemos rodeados de xente e lémbranos o difícil que pode resultar enfrontarnos a nós mesmos, á nosa esencia, que en moitas ocasións pode estar invadida polas sombras.
Un dos temas que aborda Ledicia e que me pareceu moi interesante, é a crítica social que fai á sociedade da dobre vara de medir, a esa xente que gusta de rexeitar e sinalar ao que é diferente pero que non dubida en acudir a estas persoas en canto sente a necesidade; á maldade e a ingratitude de seres que non dubidan en cravar o puñal a quen lles deu a man.
Por último quero agradecer a Edicións Xerais o enviarme este exemplar, xa que grazas a eles puiden gozar dun libro marabilloso, que me tivo engaiolada e abraiada a partes iguais, unha lectura que me deixou moito en que pensar e que se quedou gravada na miña mente, un libro que recomendo a todo o mundo pola historia que trata, polo estilo ameno da autora, polas reflexións que nos deixa e pola marabillosa ambientación que Ledicia crea, unha historia ambientada na miña terra, na Galicia profunda, a Galicia de meigas, enganidos, aire de mortos e aire de vivos, o lugar onde os trasnos e diaños percorren as mesmas corredoiras que a Santa Compaña, en fin a miña Galicia máxica.
"A noite é complice e é revelación, a noite é testemuña."
Si esta recensión foi do teu gusto e queres coñecer esta historia, soamente tes que pinchar aquí.
En una época remota, en una pequeña aldea gallega llamada Merlo, una noche cualquiera en una casa muy pobre, una tenue luz ilumina una de las estancias. En su interior, Mariña lucha con todas sus fuerzas para dar a luz a su hija en medio de terribles dolores. La matrona, al ver que el parto se complica y que existe riesgo de que la madre y la criatura mueran decide llamar al barbero que es también el sangrador del pueblo.
A la matrona no le queda más remedio que buscar a este hombre, ya que nadie en el pueblo desea ayudar a la joven, puesto que es la hija de una bruja que está encerrada en los calabozos de la Santa Inquisición. El barbero acude sin dudarlo y debe tomar una difícil decisión, y es así, como en medio del dolor, Catarina llega al mundo.
Dos años después, Elvira, la abuela de la criatura, es liberada de la prisión en la que la tenía el Santo Oficio y regresa a Merlo para hacerse cargo de su nieta y retomar su antiguo oficio. Ella era la bruja del pueblo y lo seguirá siendo, continuará sanando gente y siendo temida y repudiada a la vez, pero también se ocupará de criar a Catarina y transmitirle sus conocimientos. Abuela y nieta pertenecen a una dinastía de brujas cuyo destino está escrito como bien descubrirá la pequeña.
Cientos de años después, en pleno siglo XXI, en la ciudad de Vigo, Lola, una mujer que atraviesa una terrible crisis personal debe enfrentarse a sus miedos e inseguridades y volver a recordar hechos del pasado. En medio de esta transición, Vitoria, una bruja con el don de ver a los muertos, será crucial para enseñarle a creer que existen cosas más allá de lo visible y lo tangible.
Piel de Cordero es el más reciente libro de Ledicia Costas y la tercera obra que leo de esta autora, y al igual que con los otros dos he quedado fascinada con la pluma de esta viguesa. El libro está estructurado en dos partes, en la primera es un narrador omnisciente el que nos relata la historia de Catarina y en la segunda, es Lola quien cuenta su historia en primera persona.
Me sorprendió descubrir que Ledicia ambienta la historia de Catarina en Merlo, precisamente el pueblo donde transcurren los acontecimientos de su novela Infamia. De hecho, al leer Piel de Cordero descubriremos algunos aspectos de este enigmático pueblo que la autora nos había descrito anteriormente, como la manera en la que la niebla llegó a la localidad para convertirse una constante, como si uno más de sus habitantes se tratase.
En esta novela Ledicia nos entrega un universo creado con tintes góticos y matices oníricos, envuelto en las sombras y la oscuridad, esa en la que sus protagonistas habitan. Con la lectura nos adentraremos en una atmósfera envolvente y sobrecogedora en la que lo sobrenatural está presente en todo momento. Un universo en el que el fino velo que separa el mundo de los vivos del de los muertos se desdibuja y en donde encontramos almas que se quedan estancadas en el plano terrenal, algunas de ellas iluminan, como candelas y otras se dedican a atormentar a los vivos.
Hablar de Piel de Cordero es hablar de una historia que por momentos nos hace estremecer, pero al mismo tiempo nos mantiene fascinados, hechizados ante el poder y la belleza de las sombras. Una historia que no deja a nadie indiferente y que nos invita a sumergirnos en los abismos de la oscuridad y del alma humana y nos lleva en una trepidante montaña rusa de emociones que nos incomodan, pero al mismo tiempo nos conmueven.
Es una historia que explora el tema de la brujería en los tiempos de la Inquisición y en la época moderna y que nos invita a reflexionar acerca de muchas cuestiones. Entre sus páginas veremos que la autora aborda temas como las diferencias entre clases sociales, el odio, la maldad, los prejuicios y el recelo que las personas manifiestan ante el que es diferente, el despertar de la sexualidad, la maternidad junto a la violencia obstétrica y las negligencias que en ocasiones la acompañan.
La lectura de Piel de Cordero no solo nos invita a reflexionar acerca de estos temas, sino que nos hace un llamado hacia el auto conocimiento y la aceptación de nosotros mismos. Nos muestra como pesa la soledad a pesar de estar rodeados de gente y nos recuerda lo difícil que puede resultar enfrentarnos a nosotros mismos, a nuestra esencia, que en muchas ocasiones puede estar invadida por sombras.
Uno de los temas que aborda Ledicia y que me pareció muy interesante, es la crítica social que hace a la sociedad de la doble vara de medir, a esa gente que gusta de rechazar y señalar al que es diferente pero que no duda en acudir a estas personas en cuanto siente la necesidad; a la maldad y la ingratitud de seres que no dudan en clavar la estocada a quien les ha tendido una mano.
Por último quiero agradecer a Edicións Xerais el haberme enviado este ejemplar, ya que gracias a ellos pude disfrutar de un libro maravilloso, que me ha fascinado y sobrecogido a partes iguales, una lectura que me dejó mucho en que pensar y que se ha quedado grabada en mi mente, un libro que recomiendo a todo el mundo por la historia que trata, por el estilo ameno de la autora, por las reflexiones que nos otorga y por la maravillosa ambientación que Ledicia crea, una historia ambientada en mi tierra, en la Galicia profunda, la Galicia de meigas, enganidos, aire de mortos e aire de vivos, el lugar donde los trasnos y diaños recorren las mismas corredoiras que la Santa Compaña, en fin mi Galicia mágica.
Lo he leído recientemente en gallego y me gustó mucho.
ResponderBorrarTe invito a pasar por mi blog. Feliz semana!