domingo, 26 de enero de 2025

Infamia


Autor:
Ledicia Costas

Páginas: 270

Tapa: Blanda

Editor: Xerais



Emma Cruz é consciente de que a súa relación con Mario é tóxica e de que nunca vai chegar a ningún lado. El está casado e ten unha familia e ela está cansa de que o idilio soamente dure breves períodos. Convencida de que debe rematar coa situación dunha vez por todas, decide poñer terra polo medio, así que, renuncia ao seu traballo como avogada e obtén unha praza como profesora de Dereito Penal nunha Universidade noutra localidade. Para comezar esta nova etapa da súa vida, trasládase a Merlo, un pequeno pobo galego próximo á cidade na que exercerá a súa nova profesión.

Ao día seguinte da súa chegada, celébrase no Centro Social do poboado un acto conmemorativo polo vinte e cinco aniversario da desaparición das irmás Sofía e Branca Giraud de catorce e seis anos respectivamente. As nenas desapareceran misteriosamente, sen deixar rastro, coma se un aciago día a terra tragáseas. Houbo investigacións e tamén algúns sospeitosos, pero coa certeza de que as pescudas foron infrutuosas o caso terminou pechándose.

No acto celebrado, Emma coñece a Sara, a nai das crias, unha muller rota pola dor e o desconsuelo que lle produciu a perda das súas fillas, que ten a certeza de que elas están mortas e que os seus asasinos campan ás súas anchas polo pobo. Unha vez terminado o evento, coversa con Lucas, un mozo cun ollo de vidro que sempre vai con Chloe, unha cadela de doberman. Un raparigo enigmático que parece gardar un terrible secreto que xera un el un gran peso que o abeira a manterse sempre en soidade.

Aos poucos Emma irá habituándose a Merlo, un lugar rodeado de montes no que a choiva é unha constante e a néboa parece que decidiu instalarse aí. Movida pola curiosidade decide investigar pola súa conta a estraña desaparición das irmás Giraud e así irá descubrindo que no pobo, todos os seus habitantes teñen algo que ocultar. Segredos antigos, ecos do pasado que fan que a vida para algúns sexa un eterno pesadelo e que outros vivan en alerta constante tratando de evitar que terribles verdades sexan reveladas.

Infamia é unha novela de tipo coral estruturada en 32 capítulos curtos na que o bo equilibro entre narración e diálogos dótaa de axilidade e ritmo. A historia segue un fío cronolóxico que nalgunhas partes rompese para deixar paso a lembranzas que nos van revelando aos poucos o que ocorreu con Sofía e Branca así como tamén os terribles episodios que marcaron as vidas de Salva e Noel.

Cun estilo moi coidado Ledicia Costas mergúllanos nunha atmosfera opresiva e angustiante na que os segredos van saíndo á luz aos poucos. Con cada crúa verdade que se desvela é moi fácil experimentar un profundo desasosego. Gústame moitísimo a pluma da autora, xa que cun estilo sutil e elegante descríbenos escenas sórdidas e crueis.

O título que elixiu Ledicia para esta obra non pode cadrar mellor, debido a que na novela iso é o que nos imos a atopar: Infamias, unha tras outra, cada unha delas deixando unha estala de dor, rabia, resentimento, soidade, indefensión ou tolemia. Unha historia estarrecedora que vira ao redor da maldade humana e na que vemos que os instintos máis perversos dalgúns se impoñen ás vidas de moitos inocentes, como na vida mesma.

Os personaxes da novela están moi ben perfilados a nivel psicolóxico, cada un ten algo que ocultar, un segredo terrible que lle persegue e atormenta. Todos eles personaxes complexos, sen maniqueísmos, ricos en matices e con máis sombras que luces, por momentos a algúns podemos odialos, pero conforme descubrimos feitos do pasado, podemos mesmo sentir compaixón polas súas vivencias.

Infamia foi un libro que gocei moitísimo, grazas ao estilo áxil de Ledicia e á súa capacidade de mergullarnos nunha novela que flúe cun ritmo trepidante que che engancha desde as primeiras páxinas. Ademais toca temas espiñentos, que por desgraza son bastante frecuentes na nosa sociedade e lévanos a expornos cuestións coma se é xusto que certos delitos prescriban ou se debe ser unha regra xeral que unha vítima termine converténdose en verdugo. Por outra banda, lévanos a pensar no baleiro que deixa alguén que desaparece misteriosamente e na dúbida eterna que sempre estará presente entre os seus achegados, preguntarse cada día que ocorreu con esta persoa, ten que ser algo moi próximo ao inferno.

Tamén nos leva a reflexionar acerca da maldade humana, da maneira na que algúns individuos poden facer tanto dano que terminan por destruír vidas. Condúcenos a ser conscientes da maneira na que os instintos perversos poden dominar a algúns seres que son calquera cousa menos humanos. É ademais unha crítica velada a aqueles que teñen a capacidade de enfrontar ao monstro pero antepoñen os seus intereses, do mesmo xeito que a unha sociedade que antes de ter problemas, prefire mirar cara a outro lado e continuar coas súas vidas, permitindo que as vítimas se afoguen nun berro silencioso.

Infamia é unha novela dura e crúa na que nos imos a atopar historias entrelazadas ao redor da trama principal, topámonos con personaxes marcados por episodios dolorosos, con vidas rotas e infancias destruídas. Ledicia levaranos da man por unha novela trepidante ata chegar a un final que para moitos é aberto, pero que eu considero que é o ideal, debido a que é un desenlace realista, como ocorre na vida mesma, na que os segredos terminan sen desvelarse e a angustia e a dor permanecen.

Para rematar só quero agradecer á Editorial Xerais o envío do exemplar, xa que grazas a eles esta excelente historia caeu nas miñas mans. Se che gustou a recensión e desexas ler o libro podes adquirilo aquí.


1 comentario:

Mi hermana, mi reina

Autor: Wendy J. Dunn Páginas: 510 Tapa: Blanda Editor: Libros de seda "Hay muchas cosas que desconocemos. Mientras vivimos, lo hacem...